jueves, 25 de noviembre de 2010

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NAS PARROQUIAS DE A BAÑA

O pasado martes tiven a oportunidade de acompañar a animadora sociocultural, Luciana, no seu percorido polas parroquias. A primeira parada foi na parroquia de San Cibrán, onde as veciñas experimentaron o seu primeiro contacto coa pandeireta, foi impresionante como nunha hora xa comezaba a ter maña, a verdade e que a mestra é fantástica, fíxolles unha pequena interpretación dunha cantiga popular e foi alucinante como toca e que voz máis fermosa! A seguinte parada foi en Marcelle onde lles tocaba tamén as súa primeira clase de pandeireta e o seu taller de memoria, foi tamén un encontro moi productivo e gratificante. Finalmente tocou visitar ó Barro, alí Luciana lle ensinou a elaborar uns pendentes moi apropiados para á época na que estamos que toca agasallar.

O resto de días Luciana percorre outras parroquias como Barcala, San Mamede...xa que a xente mostrou o seu interese polas actividades ofertadas.
Na maioría das parroquias tamén están a recibir clases de ximnasia unha vez por semana, co cal isto supón unha gran oportunidade para o noso rural tan disperso.
Foi unha tarde moi gratificante para min poder estar en contacto coa nosa veciñanza que ten tanto que aportar e sobre todo gustaríame facer una acto de chamamento para todas aquelas persoas participantes para que se animen a seguir formando parte das mesmas e as que áinda non o fixeron decirlles que supón unha gran oportunidade para recuperar a relación coa veciñanza, recuperar a autoestima e a ilusión por facer cousas, xa que a mellor maneira de sentirnos ben é formando parte do noso entorno, participemos!

Rebeca Lueiro

ACTIVIDADE REALIZADA POLO BANCO DE TEMPO

O Concello da Baña impartiu o pasado mes de outubro un curso sobre Igualdade de Xénero e Conciliación, que tiña unha duración de 40 horas,en modalidade semipresencial, como actividade máis destacada dentro da programación do Banco de tempo municipal coa colaboración e cofinanciamento da Consellería de Traballo e Benestar. (Noticia publicada no Correo Gallego, o 16/10/2010 e na Voz de Galicia o 19/10/2010).

O obxectivo principal do curso era transmitir ó alumnado os coñecementos máis relevantes en materia de igualdade e Conciliación, servindo de base para que sexan quen de levar a cabo tarefas máis relevantes á hora de implantar as medidas relacionadas con este eido.

Os contidos do curso foron:
- Perspectiva de xénero
-Xénero e conciliación
-Contexto normativo e político
-Igualdade e conciliación da vida persoal e laboral na empresa
-Plan de igualdade

jueves, 18 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN DO BANCO DE TEMPO

 


BANCO DE TEMPO DO CONCELLO DE A BAÑA

  

 Obxectivos

O Banco de tempo municipal establécese coa finalidade de facilitarlles ás persoas empadroadas no Concello de A Baña a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, a través do intercambio de servizos e/ou coñecementos de cada usuario.

       Contexto

O Concello de A Baña é un municipio rural, cunha alta porcentaxe de poboación maior, que durante a súa vida xa viviu unha organización laboral similar ós Bancos de tempo, posto que se axudaban mutuamente nas labores agrogandeiras, uns traballos a cambio doutros.
O que se pretende é potenciar este sentimento de utilidade dos maiores, que son quizais as persoas que máis coñecementos poidan aportar no referente ás actividades prestadas a través dos Bancos de Tempo. Ademais, tamén hai unha grande cantidade de amas de casa, ou persoas desempregadas, que dispoñen de tempo libre que poden ocupar axudando a outra xente, ou aprendendo o que outros lles poidan ensinar.

Cóntase coa colaboración e coordinación das distintas asociación rurais e de mulleres existentes no municipio para o desenvolvemento das distintas actividades

Como funciona?

Partirase dunha serie de actividades base, e iranse incorporando outras segundo vaian sendo demandadas ou ofertadas polo persoal usuario. Cada persoa usuaria disporá dun saldo inicial ofertado polo concello de dúas horas, e a partir de aí segundo vas vaia gastando ou facendo, irá acumulando horas.


Actividades

  • Clases de informática e Internet
  • Utilización de móbiles, vídeo, DVD, tdt.
  • Pasar traballos a ordenador.
  • Apoio en materias escolares.
  • Actividades de ocio con crianzas ou persoas maiores.
  • Clases de baile.
  • Clases de cociña.
  • Facer a compra ou acompañar a facela.
  • Acompañar e/ou coidar a persoas maiores, dependentes ou crianzas.
  • Pequenos arranxos electrónicos.



Para máis información
Concello de A Baña
Coordinadora do Banco de Tempo
Mónica Tomé Rey


Presentación Banco de Tempo